Friday 17 de May de 2024

José Luis Martínez Sanjurjo atende aos seus veciños e veciñas no segundo ‘Sábado de portas abertas do goberno local’


O alcalde de Ordes atendeu neste sábado a numeroso público que acudiu ao seu despacho para expoñerlle temas ou resolver dúbidas. Os ‘Sábados de portas abertas do goberno local’ é unha iniciativa dirixida especialmente á poboación que non pode acudir ás dependencias municipais no medio da semana. Así o último sábado de cada mes de 10 a 13 horas algún membro do equipo de goberno atende persoalmente a veciños e veciñas.

O obxectivo desta iniciativa é posibilitar o máximo posible o contacto entre a cidadanía e os actuais dirixentes municipais. Un xeito de facilitar a comunicación, a resolución de dúbidas ou a achega de suxestións por parte daquelas persoas que non poden facelo ao longo da semana no horario habitual de atención ao público (de 8 a 15 horas).